Achégase a información resultante da xuntanza de Mesa Delegada de Interior:
O concurso específico da DGP está en fase de publicación de puntuacións provisionais como xa sabedes. En breve constituirase a comisión de valoración.
De cara a publicación do vindeiro concurso xeral de méritos do ámbito DGP están a revisarse xa os postos que se han convocar. A Administración insiste en que, por falta de capacidade de xestión da aplicación e do propio persoal que atende o procedemento dos concursos, non poden asumir a publicación de prazas en resultas. Non obstante informan que, de cara a atopar unha solución ao grande número de vacantes que xeneran os concursos que poden resultar interese para o persoal, promoverán tras a súa resolución, un outro pequeno concurso que permita cubrir as vacantes xeneradas de maior interese para o persoal.
Ver NOTA INFORMATIVA completa