Despois de meses sen reunirse, convocouse a Subcomisión Paritaria do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O punto estrela da reunión foi a adaptación ó novo sistema complementario dos postos ocupados a día de hoxe: xa avisamos durante a negociación do acordo de complementos do IV CUAGE que traería desigualdades entre persoal realizando as mesmas funcións.
Para saber máis sobre o acontecido nesta reunión, podes consultar a Nota informativa e información complementaria.