Portos

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Hoxe, 11 de febreiro, tras dezasete días de peche dos representantes do persoal de Portos do Estado, alcanzouse un principio de acordo para conseguir a efectiva aplicación do texto do III Convenio Colectivo no tocante as cantidades económicas adebedadas así como o incremento salarial do 2,3% determinado para o 2020 para o conxunto do persoal.
Tras numerosos intentos por parte dos sindicatos asinantes do Convenio para desbloquear a situación e conseguir a aplicación íntegra do texto asinado, circunstancia que quedou constatada en numerosas actas de Comisión Paritaria, o conflito era inminente.

Foron días moi duros, de intensos contactos políticos e sindicais. Finalmente, no día de hoxe, o esforzo tivo a súa recompensa, ao comunicar o presidente de Portos do Estado que “está en disposición de asumir o compromiso de dar cumprimento ao desenvolvemento do III Convenio Colectivo segundo o acordado conforme a o tratado cos citados ministerios, incluíndo as subas salariais establecidas nas normativas orzamentarias”.
Reservámonos o dereito de recuperar as mobilizacións de non cumplir co pactado na data sinalada pola empresa a finais de marzo. Nota completa.