Portos

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

A CIG, xunto co resto de sindicatos asinantes do III Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, tras protagonizar un peche de 17 días na sede do organismo en Madrid, de novo víronse na obriga de concentrarse ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, onde ademais presentaron por rexistro un escrito dirixido ao seu máximo responsable, o Ministro José Luis Ábalos, onde se lle solicitaba que deixase de poñerse de perfil neste innecesario conflito e asumise a responsabilidade directa no asunto, desbloqueando dunha vez por todas unha situación inxustificada que vén alongando no tempo, ou non terían outro remedio que retomar as mobilizacións.

Ante a inacción política e o incumprimento da Autoridade Portuaria das melloras recollidas no III Convenio Colectivo, a CIG xunto co resto de centrais asinantes, anuncian novas mobilizacións de carácter indefinido para esixir que se apliquen as condicións pactadas. Ler nota completa.