Os Responsables de IIPP dan por finalizada a pasada Mesa Delegada de IIPP, para deixar fora a dous representantes lexitimos dos traballadores e membros de dita mesa, e propoñen empezar outra nunha nova ubicación e cun link de conexión diferente. Ante esta situación o sindicato CIG entendendo que este feito coarta a Liberdade Sindical e o Dereito de Negociación Colectiva solicitalle a Admon que a reunión continue na mesma ubicación e cos mesmos participantes o que esta se nega non creando o link para a nova mesa.
Falla de boa fe negocial ,non proporcionando, os representantes dos traballadores nas mesas de negociación, información previa o proceso negociador da que si dispoñen os representantes da admon , puntos do orde do dia xa decididos e comunicados os centros so para cumplir ca legalidade de " Negociar", Comisións "Paritarias" de Seguimento de Acordos nas que se impón o que di a Admón con todola parte social en contra.....serian alguns dos actos que se estan a dar dentro das Mesas de Negociación do Ambito.
As actitudes e imposicións dos responsables da Institución parecen impropias dun Goberno de Esquerdas Socialdemocrata, esperemos que dende o Goberno se tomen as medidas oportunas que cambien a deriva da Institución.
Ver Nota Informativa conxunta das OOSS de IIPP