Seguridade Social

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Na reunión do grupo de traballo de provisión de postos, mantida o pasado xoves 18 de novembro coa Subdirección de Recursos Humanos do Ministerio de Inclusión Seguridade Social e Migracións, infórmasenos da existencia de mais de 5500 prazas vacantes susceptibles de convocar no Concurso MACRO das Entidades Xestoras da Seguridade Social; evidentemente non se convocarían na súa totalidade, xa que habería que facer un peneirado previo para ver as que finalmente se inclúen.

Para este proceso de definición de postos a cubrir estableceron de prazo ate a primeira semana de decembro, que será cando nos dean información concreta das vacantes a convocar. Tamén informaron de que a súa previsión era que o concurso se publique no BOE antes de que remate este ano. Os prazos aos que se fai referencia son os que dixo o Subdirector, aínda que dende a CIG aconsellamos tomalos con certa prudencia xa que logo poden non cumprirse.

 

Ver nota informativa completa